Peregrinación

Camiño de Santiago

Especialistas profesionais con experiencia e historiadores acompañano, asesoran e organizanlle a súa peregrinación, adaptndose con flexibilidade ós seus intereses e posibilidades.

No ano 813, durante o reinado de Afonso II “o Casto” e o imperio de Carlomagno, producese o histórico descubrimento da “Arcis Marmaricis” cos restos de un dos doce apóstoles de Xesús. As novas voan cedo por toda a Cristiandade, e o “Campus Stellae” cedo se converte no ponto de referenza de peregrinos e camiñantes de toda época e lugar. Roma e Xerusalem comparten con Santiago o atractivo dos fieis, pero ningunha delas constituíu Camiño para alcanzalas. Facer o camiño é viaxar polo tempo e viaxar ó interior de un mesmo. Hai moitas formas de alcanzar Santiago, pero ningunha delas como a través do Camiño de Santiago. Os camiños que levan a Santiago son varios:

CAMIÑO FRANCÉS. Mundialmente coñecido. O transitado por Gondescalc, bispo de Le Puy no seculo IX. Parte de diferentes lugares da terra dos francos. Atravesa os Pirineos e dende Puente la Reina guía ós peregrinos cara o “finisterre” celta. Terras de Navarra e Castela, románico de San Martín de Frómista, León centurión romano, Ponferrada, ata Villafranca do Bierzo, xa na Galiza histórica e Porta do Perdón. Como San Giraldo de Bergerac subimos cara o pico do Poio, cima do Camiño en Hispania. Antes pasaremos pola sagrada Pedradita do Cebreiro, fogar do Santo Grial galaico. Triacastela e Samos, eminente cenobio de San Barandila nun lugar que superou o tempo, como o seu ciprés. Sarria, a tan só uns cento once quilómetros da tumba de Santiago Zebedeo o Maior. Portomarín é ponte sobre o pai dos ríos galegos e centinela santiaguista metade monxe, metade guerreiro. Melide é cruceiro de granito e polbo en terra de augardente e queixos. Palas de Rei indicanos o fín da etapa do Codex Calixtinus de Aymeric Picaud. Tralo bosque animado da Ulloa, Arzúa anuncianos Lavacolla, onde o peregrino acicalase para presentarse dignamente ante o “Fillo do Trono”. Finalmente, Monxoi o monte onde se experimenta o gozo da primera visión das torres de Santiago, que medran, que puxan. O camino do cruzado John de Brienne, Alonso Díaz de Vivar, San Francisco de Asís, Xoán de Gante, Henrique III de Inglaterra, Karol Woytila o Xoán Paulo II …

CAMIÑO INGLÉS. Dende os portos da Coruña e Ferrol. Betanzos “dos Cavaleiros”, onde o peregrino sorprendese ante góticas estrelas de David. Vía de John Goodyear, vía de irmáns irlandeses, camiño dende o mar de Hamburgo. Camiño boreal.

CAMIÑO DOS MARES DE AROUSA. Mar de bateas onde crece o mexilón e a ostra. A vieira, símbolo da peregrinación. Entrada por mar á terra de Santiago. Torres de Occidente centinelas de Iria Flavia. Dende Padrón seguimos os pasos dos discípolos do Santiago Zebedeo, Teodoro y Atanasio.

CAMIÑO PORTUGUÉS. Dende o sur. Tui é a súa xoia románica e gótica feita catedral. Porriño de granito, e Pontevedra, ponte vello e nai peregrina.

VÍA DA PLATA, dende terras de Ourense pasando por Santa María do Sar e CAMIÑO DO NORTE, camiño primitivo que entra na chave do reino Ribadeo e internase cara o bosque sagrado de Augusto. Mondoñedo, rico en augas, pan e latín; e Lugo, onde se expón permanentemente o Santísimo Sacramento.

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011