Galiza

Muralla de Lugo

A Muralla de Lugo

Propoñemos os mellores itinerarios en Galiza, sempre adaptables ás inquietudes e intereses dos visitantes. Sen embargo, unha viaxe por esta terra non pode obviar unha visita a:

Torre de Hercules

A CORUÑA-AS MARIÑAS. No golfo dominado  polos celtasartabros, alzase como unha vixía a península da “Cidade de Cristal”. A Coruña modernista e cidade-museo. Paseo marítimo máis fermoso do mundo, Cidade Vella con encanto medieval, e a Dama Coruñesa: a Torre de Hércules, o único faro romano aínda en funcionamiento na actualidade. A visita prosegue polo castelo de Santa Cruz no fondo da ría, e a cidade de Betanzos, “cidade dos cabaleiros”, capital de privincia do Reino e gótica. Terra tamén de bon “repolo”.

LUGO. Capital da “Gallaecia” romana. Un paseo polas súas murallas Patrimonio da Humanidade, fermosa Catedral de fachada barroca-neoclásica de San Froilán co seu altar do Santísimo Sacramento e capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes. Mosteiro de San Francisco, hoxe Museo Provincial, e o solar da praza maior bimilenaria, co pazo galego eterno a modo de concello por obra do noso insigne Domingo de Andrade.

COSTA DA MORTE.Ate o Finis Terrae romano iremos descubrindo unha paisaxe indíxena europea plagado de lendas de celtas e campos de millo. Terra de horreos e misterio. “Habelas hailas”.

VIGO. Visita á cidade olívica, capital dos servizos e humana. Centro de unha das rías con máis encanto no mundo. Dende o monte-mirador de O Castro, divisamos este antígo “vicus” ós pes de deceas de bateas onde medra o mexilón e a ostra. Seguimos ata Baiona,  a antíga “Erizana” de Viriato e Liberata, testigo da volta da carabela colombina “La Pinta” no 1493. O seu castelo de Monterreal protexe a súa historia nun enclave voluptuoso e fermoso. O final do noso percorrido llevaranos ó castro celta de Santa Tegra en A Guarda, capital da langosta. Dende o alto divisase á irmá Portugal.

Ourense

OURENSE-RIBEIRA SACRA. Ourense é terra de fartura. Chan rico en vida e patrimonio. A súa catedral abrenos a súa Porta do Paraíso, e as súas rúas levannos á Galiza de pedra e auga fervendo que sae das súas entranas nas muy famosas Burgas, antígo “caldarium” dos romanos, constructores da Via Nova. Sobre esta vía seguiremos os nosos pasos entre “sequeiros” de castanas e á beira dun río sagrado: o Sil. Sagradas tamén son as súas riberas, a “Riboira Sacrata” rebosante de mosterios do primitivo cristianismo peninsular en lugares que só o Creador poido imaxinar. Ribadavia da tadición xudea e capital do Reino; e Allariz, nodelo de cidade histórica medieval para Europa.

PONTEVEDRA. Boa Vila. Cidade medieval e mderna, do Renacemento en Santa María A Nova, cidade de Santo Domingo, Sor Lucía de Fátima e cidade peregrina. Pero sobre todo Cidade, esplendor do século XVI. Nas Ferrerías, un dos cascos históricos máis traballados de España. O seu museo Provincial é outra historia, historia de petroglifos da Idade do Bronce, arte románico, barroco, e o mar… Pontevedra é lar de mariñeiroa, e a fragata Numancia do almirante D. Casto Méndez Núñez.

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011