CURSO RECURSOS ATLÁNTICOS IV NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

Será unha honra participar nestas xornadas organizadas por APIT Galicia amosando a validez e potencialidade da nomeclatura “Celta” para o negocio turístico de guías oficiais e informadores turísticos.
Aquí vos achego programa. Vemonos!

Ábrese o prazo de inscrición para o curso “Recursos Zona Atlántica IV” que terá lugar os vindoiros 18, 19 e 20 de xaneiro de 2013.

PODEDES INSCRIBIRVOS EN: info@guiadegalicia.org

O aforo máximo é de 53 prazas, razón pola cal até o próximo sábado 12 de xaneiro só poderán incribirse asociados da APIT-Galicia.
O programa é o seguinte*:

Venres 18. Palestras na Cidade da Cultura a cargo de Xesús Martínez, Xurxo Ayán e Manuel Gago.
As palestras son as seguintes:
Manuel Gago, Contar o Tempo: como as novas tecnoloxías cambian a narrativa da Historia.
Xurxo Ayán, A cultura dos castros para guías.
Xesús Martínez, O celto-atlántico como recurso turístico.

Sábado 19. Visita a Lugo co arqueólogo Roberto Bartolomé Abraira quen ten traballado en diferentes excavacións nesta cidade.

Domingo 20. Visita a tres castros co arqueólogo Xurxo Ayán. O castro: interpretación apartir do visible.

* Algúns datos sobre os palestrantes:

Xurxo Ayán. Membro do CSIC acaba de presentar a súa tese: “Casa, familia y comunidad en la Edad de Hierro del Noroeste” o estudo máis completo e máis recente dos últimos 30 anos. Dirixe o blog: http://neixon.blogspot.com.es/ http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/entrevista-a-xurxo-ayaninvesticador-do-csic#.UC4gH6nN_Yg / http://www.youtube.com/watch?v=marFrtYMNvE

Manuel Gago. Xornalista gatronómico e de cultura e patrimonio. É un apaixonado da cultura e historia de Galicia dirixe o premiado blog: www.manuelgago.org / www.manuelgago.org/blog
Ambos son os autores do libro “Herdeiros pola forza. Patrimonio cultural, poder e sociedade na Galicia do século XXI ” sosteñen a importancia de implicar as xentes na defensa e protección do patrimonio arqueolóxico. Levaron a cabo o seu ideal no verán do 2012 nas excavacións do Monte de Lira (Carnota) con un web www.torredosmouros.net e através do proxecto para a catalogación do patrimonio galego www.patromoniogalego.net para os que procuran colaboradores.

Xesús Martínez López. Guía e historiador con diferentes publicacións e proxectos de divulgación turística da temática atlántica. Apaixoado da relixiosidade de galicia. Colaborador na Radio Galega en programación de divulgación historiográfica.http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18799
http://www.guiasdegalicia.com/lang/es/category/blog (Promontoria Celtica)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/08/21/plano-guia-potencia-valor-cultural-turistico-san-amaro/0003_201208E21C3992.htm

Roberto Bartolomé Abraira. Leva 15 anos de arqueólogo traballando no impacto ambiental de varias obras de carácter público e privado. A súa tese (en proceso de elaboración) é “Arqueoloxía da produción cerámica. Lucus Augusti, cidade oleira“. Na cidade de Lugo interveu nas exacavacións arqueolóxicas da Agra dos Campos (castro da Piringalla), praza do Campo (conxunto termal), rúa Nova (domus baixoimperial e calzada romana), praza de Santo Antonio (hipocausto e acueducto) e muralla de Lugo (cubo LXXVII).

Leave a Reply

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011