SEXA VOSTEDE BENVIDA AO ALÉN, SEÑORA ÁNIMA!!!

Quizáis ninguén mellor que o Vestio Alonieco do Museo de Pontevedra para expresar o espíritu de benvida e hospedeiro dos habitantes deste confín céltico galaico, habituadas a ver peregrinos dende época inmemorial, seguramente tradición relixiosa tán antíga como a propia presencia humana nestos sagrados lares. KM O, Fín do Camiño, derradeira peaxe neste tránsito horizontal hacia o Alén. Toda a humanidade en ánima terá que vir aos promontorios occidentales de Galicia-lanzadeiras de ánimas fronte ao Tenebrossum Mare en traxecto ao Paraíso.

Todos os camiños de salvación rematan aquí. Este é o elemento universal que a Relixión Celta lle confire á nosa costa. Aquí faise realidade o Segundo Paso solsticial do decadente e moribundo deus solar panceltico. Aquí afundese o sol no seu kalix ou navío iniciando a súa singladura fora do tempo polos tártaros para a súa resurrección. Aquí autosacrifícase o AGNI ou Lume- Luz do Mundo chamado ao seu sacrificio para a súa vindeira resurrección en favor da vida. Aquí verificase o FIN DO ANO SAMAÍN, e neste afundimento ao abismo, o deus solar ten a ben deixar un ronsel ou autopista de ánimas que ha de ser utilizado por todos, e tamén un corpo un corpo de gardas de tráfico para que non se colapse dita autopista. Este ronsel é o Camiño clásico de Briareo e de Heracles, o camiño das Santas Compañas de mortos, é o Camiño de Santiago, é a Vía Láctea, son as Pleiades,  é o Camiño dos Camiños hacia a salvación. Os gardas de tráficos son os guías, os elementos psicopompos, os cadrifaces, os lares viales, Mercurio, Oghmios, San Pedro, San Roque, San Critovo, San Lourenzo, os galos, os cáns, as figuriñas de miga de pan petrificadas nos “Sanandreses” de Teixido. Pero non todo o mundo pasa.

Tras a súa chegada á Briga ou Illa do Alén máis alá do mar, este mesmo e único deus celta pasa de ser cordeiro a serpe-símbolo das profundidades do Outro Mundo e adquire unha cornamenta símbolo positivo e de divinidade. É o galo CERNUNUS deus xuíz e Pantocrátor que vemos no marabilloso vaso celta de Gundestrup, e é o máis simpático HOSPEDEIRO DO ALÉN ou Vestio Alonieco de Lourizán (Pontevedra), derradeira peaxe para pasar ao Alén, figurada na Illa de Tambo. Na súa aperta de benvida e no seu imaxinario sorriso, eu vexo a aperta e o sorriso dos paisanos de Novelúa, Barbadelo, Furelos ou Fisterra aos peregrinos (“Aló vai meu probe romeiro, non se alí chegará”). Seguro seguro que este xuiz que decide quén entra no Alén a disfrutar dese pumar de praceres e quén se queda fora a vagar como ánima en pena na oscuridade dos infernos, que recibe-hospedeiro aos mortos con atributos de cornos, será demonizado posteriormente, nunca mellor dito, polo Cristianismo dando oríxe ao cristiano demo. Neste seu contexto, vemos pois que a serpe e os cornos non son elemento negativo senón atributivo de divinidade. En todo caso, ben sabemos que ao igual que pasa con “meigas” e “brujas”, non é nin nunca foi o mesmo para nós “Demonio” que “demo”.

Leave a Reply

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011