PROGRAMA DO CURSO OS SANTUARIOS CELTAS DE GALICIA. ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE GUÍAS.

APIT Galicia ten a honra de presentar un ambicioso programa didáctico para profesionais do sector turístico nunha liña avalada académica e historiográfica,  partidaria da identidade céltica e atlántica da nosa Comunidade Autónoma que pretende fornecer aos profesionais de competencias no mercado e circuíto celta (Gran Brataña, Irlanda, Francia, EEUU) aproveitando as extraordinarias condicións xeoestratéxicas e o innumerable patrimonio material e inmaterial referente a esta complexa materia. Estamos ante un evidente contexto de oportunidade que debe xerar negocio nun xa presente necesitado de estímulos, e sobre todo, no futuro, toda vez que os tres grandes monumentos Patrimonio da Humanidade de Galicia están intimamente relacionados dalgún xeito, íntimo no caso da Torre de Hércules ou Breogán, coa materia celta e atlántica.

APIT Galicia presenta, pois, unha actividade de formación sen precedentes , que dada a súa complexa e específica natureza, debe ser configurada nunha xornada teórica de presentacións por académicos ou profesores independentes avalados cientificamente polo Instituto Galego de Estudios Celtas, completado polo necesario debate acerca da viabilidade e rendabilidade en termos de negocio turístico desta internacional Celtic Issue. Neste debate escolleronse personalidades de natureza variada do mundo empresarial con presenza dentro e fora da Comunidade Autónoma e do mundo da cultura. Esta xornada de presentacións debe ser completada coa realización de tres itinerarios físicos ou excursións para a visita de campo e interpretación do mobiliario material e inmaterial tratado no corpus teórico.

Sábado 18 de Febreiro de 2012

10:00. Acto de apertura do curso a cargo do Exma. Sra. Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, e Guillermo Proupín Castiñeiras, Presidente da APIT-Galicia.

10:30 A celticidade de Galicia.  A Lingüística.  Sr. D. Juan José Moralejo Álvarez. Catedrático da USC, Lingüista e Indoeuropeísta.

11:30 Breogán, Hércules e a Torre de Brigantia. Sr. D. Andrés Pena Graña, Decano do Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC) e Arqueólogo do Concello de Narón.

12:30. A xénese dos santuarios celtas. Blanca García Fernández-Albalat. Profesora experta en relixiosidade celta, membro do IGEC.

13:30 Pausa para xantar

16:00. A Montaña Máxica. O Monte do Seixo. O Santuario perdido dos celtas. Sr. D. Carlos Solla, Etnógrafo e Académico do IGEC.

17:00 O itinerario turístico dos santuarios celtas. Galicia na relixiosidade celta internacional. Sr. D. Xesús Martínez López, profesor do IGEC, Voceiro da APIT-Galicia e Guía Turístico Especializado de Galicia

18:00 Rendabilidade empresarial da marca celta para Galicia. Mesa redonda moderada por Presidente de APIT Galicia.

  1. 1.     Membro da Consellería de Cultura.
  2. 2.     Membro deTurgalicia.
  3. 3.     Membro de APIT Galicia.
  4. 4.     Membro do IGEC.
  5. 5.     Empresarios galegos da CA e do exterior.

 

Domingo 19 de Febreiro de 2012. Saída 1. Norte.

09:00 Saída dende Compostela hacia Ferrol

10:15 Recorrido dunha ruta de senderismo para visitar o Santuario de Santa Comba de Covas (Ferrol) e a trebopala da Pena Molexa (Narón), no contexto do milenario Camiño dos Romeiros a Santo André de Teixido.

14:00 Tempo para xantar en A Coruña

16:00 Interpretación das47 hectáreasdo Parque Celta da Torre de Hércules na Península da Punta Herminia.

18:00 Regreso

Sábado 25 de Febreiro de 2012. Saída 2. Centro

09:00 Saída de Compostela.

10:30 Chegada a Guitiriz e  recorrido de senderismo para visitar o entorno de simboloxía psicopompica de Buriz (Guitiriz): Cruceiros da igrexa de San Pedro, Lares Viales, Triada e o petroglifo da Chousa das Calzadas. Interpretación do Tránsito Vertical ao Alén.

12:30. Visita e interpretación do outeiro de pedra, trebopala ou Croio Teutático das Penas de Rodas (Outeiro de Rei) e o a Pana Moura de Donalbai (Begonte).

16:00 Visita do Museo de Lugo: Torques de Burela, estela de Apana Celtica Supertamarica.

18:00 Regreso

 

Domingo 26 de Febreiro de 2012. Saída 2. Sur.

09:00 Saída dende Compostela.

10:15 Visita do Santuario ao ar libre do Facho Donón (Cangas do Morrazo) fronte as Illas Cíes. Interpretación do Tránsito Horizontal ao Alén.

13:15 Visita da planta de arqueoloxía do Museo de Pontevedra: Tesouro de Caldas de Reis, machados de tope de Samieira, espadas da Idade Heroica do Bronce, torques , petroglifo da Pedra Picuda..

14:00 Tempo para xantar en Pontevedra.

16:00 Recorrido de senderismo para visitar a Montaña Máxica do Seixo e a súa Porta ao Alén. (Cerdedo)

18:00 Regreso.

TARIFAS 

Taxas de matrícula:
30 € Asistencia a todas las ponencias más mesa redonda.
15 € Por excursión.
50 € Asistencia a ponencias más excursiones (miembros de APIT-Galicia).
50 € Asistencia a ponencias más excursiones (estudiantes y parados)
70 € Asistencia a ponencias más excursiones no miembros de APIT-Galicia.

A partir do 06/02/12 anotarse chamando a APIT GALICIA. Darsena Xoán XXIII. Santiago de Compostela.

 

Leave a Reply

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011