Galiza Celta

Petroglifo A Pedra das Cabras

Se desexas turismo e itinerarios alternativos ós comerciais, combinando deporte, divulgación e interpretación historiográfica e etnográfica, debes coñecer a outra Galicia, a Nai inmaterial, esa Galicia que se someteu risueña ó cristianismo occidental, pero á súa maneira, como sempre. Neste país de meigas é posible aínda vivilo. Otero Pedraio afirmaba que na cristianísimas Galicia e Irlanda os druidas convertironse en bispos. Deixate engaiolar:

 

 

VÍA SACRA DA FALADORA-FACHO DE DONÓN-ORTEGAL-FISTERRA-PENÍNSULA DA TORRE-TEIXIDO…

 

Proñemos unha ruta aos promontorios desta costa sagrada da Céltica. O mesmo camiño que deben seguir as ánimas hacia o Alén ou Paraíso a través de psicopompicos elementos nun contexto da relixión celta solar trinitaria. Galicia é sagrada porque na súa costa producese a constatación do Segundo paso do sol, a súa morte mais alá do Mare Tenebrossum no fín de ano Samaín. Falamos dunha visita con interpretación dun milenario culto de templos ao ar libre ou pedras altares- trebopalas, que se funde nun maravilloso escenario paisaxístico atlántico.

 

GALICIA NO CICLO MITOLÓXICO DA CÉLTICA

 

Na península da Torre coruñesa, interpretación nas 47 hectáreas do Parque Celta de elementos de relevancia da comunidade atlántica celtica internacional: Leabar Gabala Eirín: avistamento de Breogán dende a Torre, viaxe de Ith e os Milesios en bornas e conquista de Eire aos Tuata De Danán; Traslación da Pedra do Destino ou Fianna Fail a Tara; visita á Torre de Breogán por Hugh O´Donell e O´Sullivan tras a “Fuxida dos condes de Irlanda” do XVII; Cristianismo celta do “Episcopus sub regula” da comunidade de Maeloc; San Amaro na procura do Alén.

O Celtismo, itinerario para guías turísticos oficiais e marca turística de Galicia.

 

Créditos
Deseño e programación: Samuel Martínez
Funciona sobre Wordpress


Close

· Información Legal
Proba Close

© GuiasdeGalicia.com 2011